domingo, 15 de enero de 2017

Rivalidades que provocaron o estalido da Gran Guerra (1914-1918)

Boas rapaces! Deixovos un cadro sinóptico sobre as diferentes rivalidades que desencadearon a Primeira Guerra Mundial. Lembrade que na clase fixemos referencia aos problemas nos Balcáns, aos Sistemas Bismarckianos e o aumento da carreira armamentística (entre outras cousas pola destitución de Bismarck ao fronte da política exterior alemana, sendo o propio Emperador Guillerme II quen optou por levar a cabo a Weltpolitik) como as principais causas do conflito bélico. Porén, tamén se podería incluir outros factores, intimamente relacionados cos analizados na aula, como causantes da Gran Guerra, de aí que vos deixe esta imaxe para axudarvos a crear unha visión de conxunto sobre a contenda.


No hay comentarios:

Publicar un comentario