Comenta
o seguinte texto:
Fogo granulado, fogo de bloqueo, fogo de cortina, minas, gases, tanques,
metralladoras, granadas de man...Palabras, palabras, pero nelas péchase todo o
horror deste mundo. As nosas caras están cubertas de bostelas; o noso pensamento
aniquilado; estamo mortalmente cansos. Cando chega unha orde de ataque debemos
espertar a puñazos a máis dun para que nos siga. Temos os ollos inflamados, as
mans destruídas, os cóbados rotos, os xeonllos cheos de sangue.
Pasan semanas, meses, anos? Días, tan só días... Vemos desaparecer o
tempo, preto de nós, nos rostros descoloridos dos moribundos; tragamos a
comida, corremos, lanzamos granadas, disparamos, matamos, tirámonos ao chan,
estamos extenuados, embrutecidos, e apenas nos sostén unha cousa: decatármonos
de que aínda os hai máis extenuados, máis embrutecidos ca nós; saber que nos
miran cos ollos moi abertos, coma se fósemos deuses, porque escapamos tantas
veces da morte.
Remarque,
E. M.: Sin novedad en el frente, 1929. Barcelona, Edhasa, 1997.
1. Tema do
texto.
2.
Contextualización no Conflito. Fai un breve resumo do sucedido até entón.
3.
Consecuencias posteriores.
4.
Conclusión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario