Nesta Unidade Didáctica unha das actividades consistirá en dividir aos membros da clase en dous grupos ben diferenciados respecto ás políticas empregadas polos Estados Occidentais durante o coñecido como Imperialismo. Así pois, deberedes posicionarvos a favor ou en contra do Imperialismo pero respetando sempre a paridade nos grupos. Polo tanto, é posible que algún de vos lle toque defender posturas coas que non está dacordo.
En canto ao desempeño da actividade esta consistirá no seguinte: por un lado, a metade dos membros do grupo deberán defender nun debate as posturas do grupo (as pautas a seguir xa as coñecedes pois son as mesmas que as especificadas na Liga de Debate) mentres as restantes persoas terán que realizar unha presentación en vídeo no que intercalen imaxes á vez que explican os seus pareceres.
Para que teñades unha idea aproximada do que se vai facer no aula, deixovos un enlace explicativo dunha actividade semellante realizada por outros alumnos en Salamanca.
http://dedos.blogsdelcita.com/2014/04/pensando_con_los_ded_3/
No hay comentarios:
Publicar un comentario