Ola mozos/as!Deixovos o comentario de texto que tedes que realizar seguindo as pautas sinaladas na clase esta semana. Lembrade que non se trata de facer un exercicio de digresión (é dicir, ter como escusa o texto para pór toda a teoría do tema sen aludir para nada ao comentario) senón de integrar a parte teórica ao longo da explicación. Polo tanto, resulta imprescindíbel facer referencia ás liñas do texto onde se atopan aquelas ideas que desenvolvedes dun xeito teórico.
Os
Barrios Londinienses
Londres ten tres partes ben diferenciadas: a City, o West
End e os barrios periféricos. (...) A City é a zona vella, que conserva un gran
número de rúas estreitas, mal aliñadas, mal edificadas e as beiras do Támesis
están ateigadas de casas. A maioría dos seus habitantes son comerciantes que
coidan con esmero os seus prósperos comercios (...).
No West End atópase a corte, a alta aristocracia, o
comercio elegante, os artistas, a nobreza de provincias. Esta parte da cidade é
soberbia; as casas están ben construídas, as rúas, ben aliñadas, aínda que
excesivamente monótonas. As mulleres pasean por elas luxosamente vestidas
(...).
Os barrios do Nordés e do Sueste son, por mor dos baixos
prezos das viviendas, habitados maioritariamente por obreiros, prostitutas e
toda unha turba de homes que a falta de traballo e os vicios de todo tipo
converten en vagabundos, ou que a miseria e a fame forzan á mendicidade ou á
criminalidade. Alí atópanse estas pandas de nenos que saen cada noite dos seus
tobos para asaltar a cidade, onde se entregan ao crime moi seguros de se
libraren da policía, que é insuficiente para un territorio tan inmenso.
Flora
Tristán: Paseos por Londres, 1840.
No hay comentarios:
Publicar un comentario