martes, 21 de febrero de 2017

Comentario texto obrigatorio Revolución 1905

Ola rapaces! Deixovos un comentario cuxa realización é obrigatoria. As pautas para facelo son de sobra coñecidas a estas alturas. Tedes como data límite o venres 24 de febreiro.




Documentos. O Manifesto de Outubro.

A axitación, nas capitais e en numerosas rexións do noso Imperio, enchen o noso corazón dunha gran pesada pena. O benestar do soberano ruso é inseparable do benestar dos seus pobos, e a dor destes é a súa dor. O gran voto do xuramento imperial Ordénanos esforzarnos con toda a potencia da nosa razón, con toda a forza da nosa autoridade, para poñer fin o máis pronto posible a esta axitación tan perigosa para o Estado (...). Nos, impoñemos ao goberno a obrigación de executar A nosa vontade inflexible:

1º Conceder á poboación a liberdade civil, establecida dun xeito inquebrantable sobre a base da inviolabilidade persoal, e as liberdades de conciencia, de reunión e de asociación.

2ª Non obstaculizar as eleccións á Duma Imperial e admitir a participación nas eleccións das clases de poboación que foron privadas ata agora do dereito de voto.

3º Establecer unha regra inquebrantable que calquera lei non será efectiva sen a sanción da Duma Imperial e que os representantes do pobo terán os medios para participar realmente no control da legalidade dos actos realizados polos membros da nosa administración.
 

Manifesto de Outubro. Decreto Imperial de 30 de outubro de 1905.

No hay comentarios:

Publicar un comentario